Ola de novo!
Hoxe, voltamos, para profundizar un pouco máis no noso proxecto, pero... desta vez, dunha forma más profesional.
E que... como mestras que somos, antes de comezar esta aventura, o primeiro que fixemos foi plantearnos que era o que queríamos que os nosos nenos e nenas aprenderán, polo que tivemos que establecer uns obxectivos e uns contidos que nos permitirán traballar este preciado lugar. ¿Queredes saber cales son? Estamos seguras de que estades ansiosos e ansiosas por sábelo!
Ben, pois antes de nada, temos que dicirvos que os dividimos en dúas partes: os obxectivos máis xenerais e que por tanto pertencen ao currículo de Educación Infantil e, por otra banda, pensamos nuns obxectivos máis específicos que se adecuaran mellor aos ámbitos que consideramos máis interesantes deste proxecto.
Primeiro, comezaremos con obxectivos pertencentes ao currículo de Educación Infantil que, cabe destacar que se encontran na segunda área, onde atoparemos todos aqueles aspectos relacionados co coñecemento da contorna. Nesta ocasión, escollemos os seguintes:
Observar e explorar de forma activa o seu contorno, xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos, e mais mostrando interese polo seu coñecemento.
Observar os cambios e modificacións a que están sometidos os elementos do contorno e relacionalos cos factores que os producen, desenvolvendo actitudes de coidado, respecto e corresponsabilidade na súa conservación.
Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características, producións culturais, valores e formas de vida.
Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza baseadas no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade a que pertencen.
Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega -expresións artísticas, costumes, festas populares, folclore, gastronomía, etc.
Para continuar, os obxectivos específicos que propoñemos para estas actividades son:
Coñecer a ruta dos muíños de Meiro, como funcionaban e para que se empregaban.
Comprender que tipo de alimento é o millo, cando e como se debe cultivar.
Recoñecer as características do millo corvo e saber diferencialo do resto.
Comprender os cambios que se produciron no tempo no que se refiere a elaboración do pan.
Empregar as novas tecnoloxías e o traballo cooperativo como medio para iniciarse na investigación.
Ademáis, os contidos que imos traballar neste proxecto son:
Achegamento a algunhas magnitudes físicas -peso, lonxitude, capacidade, tempo- a través da estimación: comparando, sopesando, observando...
Establecemento de relacións de orientación espacial de localización, dirección, distancia e posición respecto a obxectos, persoas e lugares, nomeándoos axeitadamente e empregando o vocabulario topolóxico elemental.
Curiosidade, respecto e coidado cara aos elementos do medio natural, especialmente animais e plantas.
Gozo ao realizar actividades individuais e de grupo en contacto coa natureza. Valoración da súa importancia para a saúde e o benestar, apreciando o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura e conservación, a realización de actividades ao aire libre e o contacto con elementos da natureza.
Participación en proxectos e investigacións no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións.
Achegamento ás funcións que cumpren diversas persoas, organizacións e institucións para cubrir necesidades e achegar servizos presentes na súa comunidade, evitando estereotipos sexistas.
Colaboración co resto de compañeiros e compañeiras na vida da aula, amosando disposición para compartir e resolver conflitos. Incorporación progresiva de pautas adecuadas de comportamento.