lunes, 7 de mayo de 2018

UN AMIGO QUERE COÑECERVOS!

Ola de novo aventureir@s!

Hoxe queremos presentarvos a unha persoa que vai a ter unha gran influencia na nosa aventura, Robert Karplus





Karplus é un educador que naceu en Austria, e cuxas contribucións no ámbito da educación foron moi importantes. A nós interésanos unha delas, que é o ciclo de aprendizaxe que diseñou para as ciencias da natureza. Apetécevos saber en que consiste este ciclo e como o imos empregar? Pois seguide lendo!

Trátase dun proceso de investigación que nos invita a seguir as seguintes etapas:


  • Actividade de exploración na cal lle presentaremos o ben aos nosos/as pequenos/as, de maneira que comecen a facerse moitas preguntas para as cales necesiten respostas e, por suposto, nós non llas imos dar, serán eles mesmos os que as pescuden! Na práctica, o que faremos será unha pequena asamblea

  • Actividade de introducción, na cal o noso alumnado vai a interactuar coa súa contorna para construir o seu propio coñecemento!

  • Actividade de estruturación da aprendizaxe, na que eles e elas mesmas relacionarán o que aprenderon ata agora con outros aspectos do medio.

  • E por último a actividade de aplicación, na que eles e elas demostrarán todo o que aprenderon neste pequeno proxecto a través dunha situación real na que eles/as mesmas poidan intervir. 

A que soa moi apetecible todo o que vos acabo de contar? Pois se queredes saber canto de ben o pasou o noso alumnado, só tendes que volver o próximo venres! Esperámosvos a todos/as! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario