Hoxe, xoves 5 de abril, realizamos a nosa última saída do noso proxecto, fomos aos Muíños de Meiro!!! Onde o alumnado puido estar en contacto coa natureza do seu entorno. Ademais, na nosa ruta polos muíños puidemos ver e observar diferentes muíños en diversos estados de conservación. Esta foi a nosa ruta como muíñeiros e muíñeiras:
Nesta ruta os cativos e cativas observaron as grandes leiras que hai na localidade cultivadas de millo, e o curioso millo corvo. Unha vez, chegamos ao muíño que se encontra en perfecto estado para a fabricación de pan, o alumnado foi quen de experimentar como se facía o pan, moendo o millo no muíño!!! Para isto contamos coa axuda dunha autentica muiñeira que nos ensinou todo o proceso.
Aquí os deixamos unhas fotografías da nosa saída:
Aquí os deixamos unhas fotografías da nosa saída:



No hay comentarios:
Publicar un comentario