Despois de descubrir tantas curiosidades sobre os muíños, esta mañá do 23 de marzo, propuxémoslles aos nosos/as nenos/as facer un gran maqueta dun muíño en pequenos grupos. Para levar isto a cabo, ademáis dos materiais que trouxeron eles/as mesmos/as aportámoslles moitos máis. É por isto polo que deixamos renda solta a súa imaxinación e deixádenos dicirvos que os resultados foron una auténtica maravilla. Tedes nas vosas casas a uns e unhas futuros/as arquitectas/as incribles!
Ímosvos deixar unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron e o ben que se compenetran para facer traballos en grupo.
A que vos apetece ver os resultados? Pois cando queirades estades convidad@s a pasar polo centro e desfrutar desta maravillosa exposición!
Esperámosvos aquí!


No hay comentarios:
Publicar un comentario