lunes, 7 de mayo de 2018

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Bos días a todos/as!

Hoxe, 16 de marzo, tivemos a grandísima sorte de contar coa axuda da familia dun dos nosos alumnos.

O avó de Pedro sempre tivo una panadería familiar, polo que, cando era pequeno utilizaba os muíños para moer o millo e convertelo en fariña, un ingrediente esencial para facer o pan. E sabedes o que se lles ocorreu aos nosos/as pequenos/as? Quixeron invitalo a nosa aula e tivemos a sorte de ter a un auténtico experto con nós!



Como iamos contando, veu a nosa aula e explicounos a súa experiencia con este instrumento, contándonos como facían este traballo de moer o millo. Ademáis, tamén nos amosaron como son os muíños eléctricos actuais e, desta maneira, poidemos comparar o custoso traballo de moer o millo como se facía na época do avó de Pedro en comparación coa forma de facelo na actualidade. Está claro que... hoxe en día temos moitas máis facilidades! Fomos moi afortunad@s!

E como xa sabedes encántalles escoitar as historias que teñen poara nós os nosos avós e avoas. Xa vedes a cara de atentos/as e abraiados/as que teñen! Da gusto velos!




Recordade que o próximo día convertirémonos en artistas e xa veredes que obras de arte son capaces de facer os vosos nenos e nenas!

Vémonos a próxima semana!


No hay comentarios:

Publicar un comentario