lunes, 7 de mayo de 2018

OS EXPLORADORES!

Xa estamos de volta!

Nesta mañá do 9 de marzo, os nosos nenos e nenas convertéronse en grandes investigadores e investigadoras! E, temos que dicirvos, que lle encantou este traballo, son uns auténticos Sherlock Holmes!




Estades ansios@s por saber que fixeron, verdade?

Pois ben, despois da actividade que realizamos a semana pasada, os nosos alumnos e alumnas hoxe tiveron unha misión en pequenos grupos: atopar a información necesaria para responder a estas preguntas:
  1. En que época eran empregados os muíños?
  2. Que persoas adoitaban utilizalos?
  3. Que alimentos se podían facer gracias a súa utilidade?

Estas preguntas que nos lles propuxemos, podían resolverse mediante diversos medios, como pode ser a utilización das novas tecnoloxías, preguntar a familia no caso de que coñezan estes datos... e temos que dicirvos que cada grupo utilizou diversos medios e traballaron moi ben!

Ao final desta actividade, fixemos una pequena asamblea para que todos e todas aportaran todo aquilo que souberan acerca do tema, e así puideron ver que entre todos/as sabemos moitas cousas novas dos muiños e que son uns auténticos e auténticas expertos/as no tema.




Esperámosvos a semana que ven ca próxima actividade!




No hay comentarios:

Publicar un comentario