martes, 8 de mayo de 2018

SAÍDA AOS MUÍÑOS DE MEIRO!

Boas tardes a tod@s!

Hoxe, xoves 5 de abril, realizamos a nosa última saída do noso proxecto, fomos aos Muíños de Meiro!!! Onde o alumnado puido estar en contacto coa natureza do seu entorno. Ademais, na nosa ruta polos muíños puidemos ver e observar diferentes muíños en diversos estados de conservación.  Esta foi a nosa ruta como muíñeiros e muíñeiras:


Nesta ruta os cativos e cativas observaron as grandes leiras que hai na localidade cultivadas de millo, e o curioso millo corvo. Unha vez, chegamos ao muíño que se encontra en perfecto estado para a fabricación de pan, o alumnado foi quen de experimentar como se facía o pan, moendo o millo no muíño!!! Para isto contamos coa axuda dunha autentica muiñeira que nos ensinou todo o proceso.  

Aquí os deixamos unhas fotografías da nosa saída:








SAÍDA A PANADERÍA "O ROMANO"

Bos días familias!!!

Hoxe, 23 de Marzo, realizamos unha saída didáctica a panadería O Romano unha das panaderías máis antigas da localidades. Os cativos e cativas tiveron a gran sorte de facer o seu bolo de pan!

Este bolo foi feito por cada un deles dunha forma autónoma, xa que foron eles e elas mesmos queres elixiron, mediron, prepararon... os ingredientes necesarios para realizalo. E grazas, a esta actividade os nenos e nenas tiveron o prazer de coñecer e experimentar o proceso da fabricación do pan, nunha panadaria actual.

A continuación, deixámosvos unha imane dos vosos e vosas panadeiros e panaderas!!!


lunes, 7 de mayo de 2018

EN BUSCA DA MAQUETA PERFECTA!

Ola familias!

Despois de descubrir tantas curiosidades sobre os muíños, esta mañá do 23 de marzo, propuxémoslles aos nosos/as nenos/as facer un gran maqueta dun muíño en pequenos grupos. Para levar isto a cabo, ademáis dos materiais que trouxeron eles/as mesmos/as aportámoslles moitos máis. É por isto polo que deixamos renda solta a súa imaxinación e deixádenos dicirvos que os resultados foron una auténtica maravilla. Tedes nas vosas casas a uns e unhas futuros/as arquitectas/as incribles!

Ímosvos deixar unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron e o ben que se compenetran para facer traballos en grupo.




A que vos apetece ver os resultados? Pois cando queirades estades convidad@s a pasar polo centro e desfrutar desta maravillosa exposición!

Esperámosvos aquí!


UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Bos días a todos/as!

Hoxe, 16 de marzo, tivemos a grandísima sorte de contar coa axuda da familia dun dos nosos alumnos.

O avó de Pedro sempre tivo una panadería familiar, polo que, cando era pequeno utilizaba os muíños para moer o millo e convertelo en fariña, un ingrediente esencial para facer o pan. E sabedes o que se lles ocorreu aos nosos/as pequenos/as? Quixeron invitalo a nosa aula e tivemos a sorte de ter a un auténtico experto con nós!



Como iamos contando, veu a nosa aula e explicounos a súa experiencia con este instrumento, contándonos como facían este traballo de moer o millo. Ademáis, tamén nos amosaron como son os muíños eléctricos actuais e, desta maneira, poidemos comparar o custoso traballo de moer o millo como se facía na época do avó de Pedro en comparación coa forma de facelo na actualidade. Está claro que... hoxe en día temos moitas máis facilidades! Fomos moi afortunad@s!

E como xa sabedes encántalles escoitar as historias que teñen poara nós os nosos avós e avoas. Xa vedes a cara de atentos/as e abraiados/as que teñen! Da gusto velos!




Recordade que o próximo día convertirémonos en artistas e xa veredes que obras de arte son capaces de facer os vosos nenos e nenas!

Vémonos a próxima semana!


OS EXPLORADORES!

Xa estamos de volta!

Nesta mañá do 9 de marzo, os nosos nenos e nenas convertéronse en grandes investigadores e investigadoras! E, temos que dicirvos, que lle encantou este traballo, son uns auténticos Sherlock Holmes!




Estades ansios@s por saber que fixeron, verdade?

Pois ben, despois da actividade que realizamos a semana pasada, os nosos alumnos e alumnas hoxe tiveron unha misión en pequenos grupos: atopar a información necesaria para responder a estas preguntas:
  1. En que época eran empregados os muíños?
  2. Que persoas adoitaban utilizalos?
  3. Que alimentos se podían facer gracias a súa utilidade?

Estas preguntas que nos lles propuxemos, podían resolverse mediante diversos medios, como pode ser a utilización das novas tecnoloxías, preguntar a familia no caso de que coñezan estes datos... e temos que dicirvos que cada grupo utilizou diversos medios e traballaron moi ben!

Ao final desta actividade, fixemos una pequena asamblea para que todos e todas aportaran todo aquilo que souberan acerca do tema, e así puideron ver que entre todos/as sabemos moitas cousas novas dos muiños e que son uns auténticos e auténticas expertos/as no tema.




Esperámosvos a semana que ven ca próxima actividade!




COMEZAMOS!!!!

Ola a todos e todas de novo! Sabedes queeeeeee? Nunca esqueceremos esta mañá do 2 de Marzo na que os nosos pequenos e pequenas comezaron o proxecto!

O primeiro que fixemos foi unha gran asamblea na que vimos unhas imaxes e videos sobre a ruta. Despois estivemos dándolle a lingua durante moitísimo tempo e falamos sobre se alguén xa coñecía a ruta ou a fixera, se lle falaran antes dela, se saben o que nos podemos atopar alí, etc. E non volo perdades, pero a maioría dos pequenos/as non a coñecía!  Ademáis estivemos coñecendo e xogando co millo, e xa vos imaxinades o ben que o pasaron e como disfrutaron! 








Os nosos bechiños e bechiñas están moi ilusionados e teñen moitas ganas de seguir traballando, só hai que ver as súas caras de felicidade! O próximo día seguiremos cunha actividade moi interesante, así que non volo perdades! Esperámosvos aquí!

Ata a próxima!



O PISTOLETAZO DE SAÍDA!

Bos días de novo familias! 

Para dar comezo ao noso proxecto e non facervos esperar máis, deixámosvos aquí como o temos organizado, de maneira que poidades ter coñecemento non só do que imos facer, senón tamén de que día imos levar a cabo cada actividade e que estarán facendo os vosos pequenos e pequenas cada día.