Estamos de volta!
Hoxe imos presentarvos o ben sobre o que imos traballar cos nosos/as pequenos/as. Trátase da ruta dos muíños de Meiro, localizados en Bueu. Coñecédela?
Trátase dunha ruta a través da cal podremos percorrer parte do cauce do río Frade, ata a aldea de Meiro, descubrindo uns trinta muiños en diferentes estados de conservación. Estes aproveitaban a forza da auga do río para moer os grans que se cultuvaban nas fincas más próximas. No noso camino tamén encontraremos cascadas, presas, campos de cultivo, casas de labranza, zoas forestais e outros tipos de arquitectura popular, como fontes, lavadeiros, etc.
En honra ao millo que se cultivaba nestes muiños, na aldea de Meiro celébrase cada ano unha festa de interese turítico galego: a festa do Millo Corvo que fai referencia ao tipo de millo que é de cor negra que se cultivaba nesta zoa. Algunha vez estivéstedes nela? Se non é así, convidámosvos a asistir con nós este ano xa que se trata dun ano moi especial no que se cumpren 20 anos dende a súa primerira celebración!
Algunhas das actividades que nos parece máis interesantes para que poidades realizar en familia son: visitar os muíños de O Canudo para que poidades vivir a experiencia da muiñada en primera persoa, asistir a eco-taberna, realizar as degustacións de productos que se fan co millo corvo, etc.